Branco,15-O, Bolonia, 20-N, Pcpi e a tía Antonia

Este post podería titularse “Para qué serven os equipos de redacción?”  ou tamén “Para qué se utiliza a ortografía”?

Pcpi é o acrónimo de programa de cualificación profesional inicial. Os participantes neste novo experimento pedagóxico son corredores de fondo: chegan aos 16 anos sen teren aprobado, na maioría dos casos, o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria. O seu ninismo militante forza as autoridades a ceder parcialmente á chantaxe de cerebros caídos; por iso, os anos académicos redúcense a cuadrimestres e as asinaturas a módulos: socio-lingüístico, científico-matemático e de comunicación. Teoricamente, esta formación zip complétase coa práctica adquisición dos rudimentos dun determinado oficio (soldador, electricista, pasteleiro). En realidade, trátase da última oportunidade que o sistema ofrece aos chavos para obteren o certificado da Eso e ficaren, así, dentro dos límites da clase subalterna. De non aproveitala, pasarán, con toda seguridade, á reserva.

Obviamente, este tipo de ensino semi-personalizado é prerrogativa case absoluta do sector público. Só os centros concertados xeridos segundo a disciplina castrense ofrecen algún tipo de esperanza para aqueles desventurados pais de clase media aos que o destino, sempre caprichoso, lles xogou unha mala pasada.

Hai un principio moral básico que debe rexer tanto a actuación individual como o proceder dos organismos corporativos: a competitividade. Os palistas, os capateces forestais, os negociados, os consellos de administración, os médicos, os tertulianos e mesmo os filólogos deben traballar día a día para mellorar os seus ratings. O método de Newton de esperar a que che chegue a inspiración debaixo dunha maceira só serve para crear parados. De nos apartarmos da ortodoxia, os riscos que corremos son gravísimos; como o de confundir os despachos coas gasolineiras. Segundo as miñas fontes, que son tan confiables como as de Lidia Lozano, os xornais galegos reciben subsidios de Política Lingüística por publicaren cousas en vernáculo. Non é éste o momento de analizar as consecuencias estremadamente negativas que para os orzamentos públicos teñen semellantes e discriminatorias medidas de discriminación positiva. Quero chamar a súa atención, en cambio, para os clamorosos fallos de auditoría interna. A ninguén debería sorprender o desleixo dos funcionarios da consellería pero qué pasa coa Voz; acaso carecen de (libro de) estilo?. Vexamos o que viu un profano na materia.

-pronto, encabezamiento, bobada, colegir son españolismos trasplantados sen ningún tipo de profilaxe.

-a primeira ollada e ás ocultas non sei o qué son porque eu son o típico que confunde ver con mirar.

-a colocación dos pronomes é, no mínimo, hiperenxebrista: non só entrevistouse, segundo próbao a historia de forma contundente.

-a utilización dos tempos compostos merecería algún tipo de sanción administrativa: haberse entrevistado, habelo feito, haberse aberto.

-o uso aleatorio/arbitrario de determinados signos de puntuación: ¡e xeneralizada!, decatámonos/decatámosnos (¿???????!!!!!!!!!)

-en galego inventado qué, cando é pronome interrogativo leva til e quen recibe a alguén oficial e publicamente, faino sen a máis mínima vontade de que o contacto permaneza no segredo. Ou senón, non o fai; ou non debería facelo, va.

-o texto fai gala dun indisimulado basquismo si yo estaría en Nueva York, subiría por las escaleras el empire state vs. Cabe dicir o mesmo do presidente da Xunta e de quen, como el, recibirían ao empresario

-a galeguización unilateral do apelido do ministro é igual de radical que aquel exabrupto de Carod-Rovira pero ao revés.

E todo isto sen termos en conta esas lúbricas argumentacións tamén inversas. Total, que ben sexa porque o autor é un ácrata que despreza intencionadamente as normas, ben porque o negro non fixo o que tiña que facer, o caso é que o módulo de comunicación vainos quedar para setembro. E, por moi doloroso que resulte, haberá que ir pensando tamén, en medidas de inmersión lingüística.

Na revista Qué leer (por certo, parece ser que non hai nada anterior a 2.009 que pague a pena ler) un tal novo autor chamado Alberto Olmos di que no 15-M hai demasiados i-phones. Podo confirmalo e confírmoo. E non só i-phones. O sábado, na manifestación de Vigo, puiden ver Canons periscópicas, Lacostes ubicuos, Converses de 100 euros e mesmo lentes de sol de Versace. Só vin un policía; no cruzamento da Gran Vía con Urzáiz. Corpo definido, ollos océano mar e melenita. Un in-dig-na-do de mediana idade pregúntalle onde están o resto dos seus compañeiros; e el responde, servicialmente, que os mandos preveran/previran a asistencia duhas 1.000 persoas e por iso só mandaran 2 patrullas. Excuso dicir que os alí congregados sobrepasaban con moito os 2 millóns de persoas. O momento máis emocionante foi cando lles gritamos a uns vellos intereconomistas que, sentados sen pudor nunha terraza, nos desafiaban cunha mirada joseantoniana: a ti, a ti, a ti también te roban, a ti, a ti, a ti también te roban.

Cando todo rematou fomos tomar algo a La Moreneta. O camareiro, por certo, un impresentable; cando nos queixamos da tardanza en nos atender nos sofás ikea de fóra, espetou: y qué pensáis! que llevo desde las 8 de la mañana tocándome los cojones o qué? Faltounos isto pa deixalo alí plantado!!

Mentres dormiñica perante a pantalla, miña avoa (cítoa a cotío aquí porque ela forma parte xa do patrimonio inmaterial da humanidade) replica a un Rajoy pre-presidencial:

-A tía Antonia, oíches!! .

3 Respostas a “Branco,15-O, Bolonia, 20-N, Pcpi e a tía Antonia”

  1. cossimo di:

    Vostede é deses seres humanos que cando o dedo sinala a lúa, fican mirando o dedo. Os funcionarios temos un horario privilexiado pero non tanto.

  2. x. di:

    quere dicir materialista?

  3. cossimo di:

    Non, quero dicir apapaostiao

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.