Hoxe quero contarlles tres historias sobre a miña vida. Nada especial. Simplemente tres pequenas historias. A primeira vai sobre “conectar os puntos”.
Cando estaba en 1º de Bup, xogaba no equipo de cadetes de futbito da miña parroquia. Un día o ello gañoulle o partido ao superego: tiven unha erección involuntaria nas duchas, diante de vinte e pico adolescentes máis. Felizmente, os insultos (maricón, pervertido, porco) axudaron a rebaixar axiña aquela tensión insoportable. Un dos que máis me axudou naquel espiñento episodio foi josiño, o meu compañeiro de pupitre e amighiño del alma dende parvulitos; cando o saudei ao día seguinte pola mañá no instituto, ameazou con fostiarme darriba abaixo se lle volvía dirixir a palabra. Tras varios centos de miles de pesetas en terapia, finalmente fun quen de controlar a pulsión automutiladora xurdida a raíz daquel percance.
Outro día, 15 anos despois. Alguén, axeonllado nas baldosas do cuarto escuro se afana en facerme un blowjow de manual. Suxiro ir a unha cabina para acabar o choio; cando saimos ao corredor e as nosas miradas se cruzan, a pirola de josiño é o espello da súa alma.
Se non existisen as ereccións involuntarias nin a homofobia nin o machismo ou se o meu código xenético non fose tan deficitario en fortaleza emocional, xamais podería ter saboreado o dóce pracer da vinganza.
Por suposto, era imposible conectar os puntos e mirar cara ao futuro cando tiña 14 anos pero resultou moi evidente cando mirei cara atrás 15 anos máis tarde. Non podes conectar os puntos mirando cara adiante; só podes facelo se miras cara atrás. Así que vostedes teñen que confiar en que os puntos se conectaran algunha vez no futuro. Teñen que confiar nalgo: o barça, intereconomía, o facebook, a marihuana, o que sexa. Porque a certeza de que os puntos se unirán halles dar a confianza para seguir os pulos de seu corazón mesmo se os levan a nichos de mercado inexplorados.
A miña segunda historia é sobre o amor e a perda. Eu fun afortunado; sempre souben o que quixen facer: traballar en Catro Rodas. Ao principio foi moi duro. Meu irmán e máis eu velabamos horas a esghalla, domingos incluidos. Con esforzo e roubándolle moito tempo ao lecer, conseguín batir o récord de colocación de manguitos. A xerencia recompensoume cun posto directivo no sindicato vertical. E cando me atopaba no cumio do éxito, despedíronme. Confiáralle a un camarada un pequeno segredo: o airbag do copiloto non saltaba cando o coche ía a máis de 100 km/h e co aire acondicionado aceso. Negueino todo con rotundidade pero o Comité de Empresa puxose do lado do chivato. Aos 30 estaba fodido, fodidamente fodido. O que tiña sido o centro de toda a miña vida adulta fora ao carallo e eu estaba esfurricado. Durante un tempo non souben qué facer. Foi un fracaso moi notorio e mesmo pensei en fuxir do val (do val do fragoso). Pero algo comezou a abrirse paso en min; aínda amaba o que facía. O resultado dos acontecementos non mudara ese feito nin un chisco. Fora rexeitado pero aínda estaba enconachado. Así que decidín comezar de novo. Naquel momento non o vin pero ser despedido foi a mellor cousa que me puido ter pasado. Cambiei o pesado fardo do éxito pola lixeireza do principiante. Entrei nun dos períodos máis creativos da miña vida. Montei un taller ilegal e comecei a importar de Alemaña coches roubados de alta gama e coñecín a Moncho, un oso carteiro de Carballo. Nun deses inexplicables xiros do destino, Catro Rodas absorbeu o meu negocio e as técnicas de persoal e de marketing que eu desenvolvera por libre constitúen agora o cerne do actual renacemento desta gran empresa. E Moncho e máis eu desfrutamos de mil e unha noites díldicas. Estou ben certo de que nada disto tería acontecido se non me tivesen botado de Catro Rodas. Foi unha medicina horrible pero o paciente necesitábaa. A única cousa que me mantivo en marcha foi a fe no que facía. Tendes que atopar aquilo que amades. E isto vale tanto para as vosas carreiras como para as vosas fodendas. Se aínda non atopastes, seguide procurando. E non me sexades nenazas.
A terceira historia é sobre a morte. Cando vén ao caso, miña avoa recorre sempre a aquel brillante adagio escatolóxico “Cagha o rei, cagha o Papa, sen caghar ninguén pasa”. Só que non é verdade. Hai un par de anos entrei en urxencias medio morto cunha oclusión intestinal severa. Os médicos conseguiron facer unha evacuación mecánica pero, aínda así, dábanlle poucas esperanzas á miña familia; a vesícula biliar estaba perforada e o liquído noxento espallárase por todo o baixo ventre. O cirurxián tivo que instalar un muro de contención para tapar o burato e, milagrosamente, aos 20 días estaba comendo callos con chourizo. Moncho chorou de alegría. Tendo pasado por semellante trance podo dicirlles que a morte é, ademais dunha putada, un conceito extremadamente útil; de feito, a morte é o empresario máis innovador que eu teña coñecido: bota a xente á rúa sen ningún tipo de escrúpulos. Así que non se deixen intimidar polo ruido das opinións alleas. Sigan o seu corazón e … al enemigo, pisalo.
Un serán, alá por 1.978, cheguei a casa apoucadiño cun traballo que fixera na clase de pretecnoloxía: un castelo de pinzas da roupa. As almeas estaban eivadas, as portas eran máis pequenas cós marcos e a ponte levadiza non se elevaba. Cando as bágoas estaban a piques de escorregar polas fazulas, miña nai dixo: “Tranquilo, meu fillo, coitado!, saíches ao chafallas de teu pai”.
Outubro 7, 2011 ás 2:09 pm |
Post recuperado por aclamación popular. Debo dicir, señor x, que se á terceira historia lle falta unha volta é porque carezo do auténtico espírito emprendedor. I´m working on it. Very hard. Indeed.
Despois de tanto tempo, alégrame saber que, a diferenza do do seu boss, o seu páncreas segue a funcionar correctamente.
Outubro 8, 2011 ás 8:50 am |
é normal que careza del, pertencendo vostede ao funcionariado, esa caste parasitaria
* * *
“¿Por qué conocimos a Steve Jobs? Pues porque su madre, una estudiante embarazada, prefirió darlo en adopción a librarse de él. Lo que el creador del iPod y del iPhone intentaba decirnos es que la vida tiene sentido, aunque a veces no la entendamos. Los cristianos llamamos Providencia a ese fenómeno”.
(tirado de aquí: http://blogs.publico.es/trama-mediatica/2011/10/08/la-redencion-de-zapatero/)
Outubro 8, 2011 ás 11:04 am |
Mira quén foi falar!! Un tipiño que ten unha conta de twitter cun só tuit. Menos mal que non se lle deu por preparar unhas oposicións porque senón acabaría de rexistrador da propiedade.
Pero volvamos ao cripticismo. Vostede insiniou que a miña 3ª historia debería rematar co meu pasamento en loor de multitudes. Lembre que o discurso de jobs en Stanford foi en 2.005; aínda me quedan 6 anos. O auténtico espírito emprendedor consiste en non ter medo a emprender a viaxe pola laguna estixia. É aí onde estou traballando duro: graxas saturadas, nicotina, sedentarismo, mancheas de sal, silloning, …
Outubro 10, 2011 ás 12:53 pm |
recoméndolle invertir en gintonics, son un valor seguro
(falo de beefeater con tónica en vaso de tubo e se cadra un anaco de limón mal cortado, eh? nada de mariconadas)
Outubro 10, 2011 ás 5:16 pm |
Eu é que son máis de patatillas e maicitos.