Cal e area

Como non son quen de artellar un discurso minimamente coherente en relación ás verdades daí fóra, deixolles algúns exemplos dos meus pensamentos perpendiculares.

A folga do metal exacerbou un fenómeno que non por coñecido deixa de ser arrepiante. É o que eu chamaría a reacción en cadea (reacción tanto no sentido físico como no ideolóxico). Un soldador non se pode queixar porque a diferencia dun mariñeiro, pode ver todos os días a súa familia. Un mariñeiro non se pode queixar porque, a diferencia dunha caixeira de supermercado, gaña máis de 1.000 euros. Unha caixeira de supermercado non se pode queixar porque a diferencia dun desempregado, polo menos ten choio. Un desempregado que cobre a prestación non se pode queixar porque alomenos ten un ingreso. E un desempregado que non cobra nada … pois eses non se poden queixar en absoluto; o que teñen que facer é buscar un traballo. Canto máis puteado estás máis te podes gabar. Esta xenreira intra-clase debe ser a versión socio-política da neurose.

O capitalismo neosecular non só crea tanta ou máis pobreza cós seus antecesores. A novidade radica na etioloxía das inxustizas . A consecuencia lóxica da nosa incapacidade para o pensamento abstracto (unha incapacidade programada) é a dispersión horizontal da culpa. Como moito acéitase que esgrimamos a mala sorte ou a incompetencia ou a corrupción dos políticos. Pero calquera alusión ao sistema é tachada axiña de trasnoitado victimismo cheguevarista. Por iso a pobreza é vergoñenta para quen a padece.

O problema é que a economía de mercado seméllase a un xigantesco vórtice. Todos estamos atrapados nel, dándonos de hostias os uns contra os outros intentando salvar o pescozo. E obviamente non somos quen de albiscar as verdadeiras dimensións do ciclón. Volvendo ao metal. Non sei onde lin un comentario dun dos folguistas no que baseaba a xustificación da esixencia dun incremento salarial na perda da súa capacidade de compra.

Cómo pensar unha alternativa viábel a Isto? Estamos tan habituados a concibir a organización da nosa existencia en función da producción exponencial de bens e servizos que non estou certo que esteamos dispostos a facer o sacrificio requerido. Porque xa hai trasatlánticos de máis, iates de máis, petroleiros de máis, coches de máis, ordenadores de máis, viaxes en avión de máis, casas de máis, burocracia de máis. Sobra de todo. O único que falta é a valentía necesaria para a gran renuncia.

O outro día vin apilados na Casa del Libro varios exemplares de “La insurrección que viene“.  Na contraportada ou nunha das solapas (non lembro moi ben) pódese ler : El Comité invisible es una tendencia de la subversión presente…Recientemente, varias personas fueron detenidas en Francia por el mero hecho de tener un ejemplar de este libro en su casa. Y lo más inaudito es que se les aplicó, en el país de los derechos del hombre y del ciudadano, la ley antiterrorista…
Supostamente o tal comité invisible son máis ou menos os 9 de Tarnac. Eis o exemplo máis acabado. Ninguén escapa á mercantilización das ideas (e das accións). Eles rexeitan o estrelato pero vostede pode experimentar a sobredose de adrenalina. Porque despois de comprar un exemplar do libro no Corte Inglés, a policía podería chamar a súa porta. E dentro de 20 anos, non perda a película.

Finalmente, (aínda que non sei se veñen a conto), Gide e Cavafis:

Me parecía entonces que yo había nacido para una suerte desconocida de hallazgos; y me apasionaba extrañamente en mi tenebrosa búsqueda, por la cual sé que el investigador debería abjurar y echar lejos de sí cultura, decencia y moral.

Llegaba a no gustar en los demás otra cosa que no fueran las más salvajes manifestaciones, a deplorar que una coacción cualquiera las reprimiera. A poco más no hubiese visto en la honestidad sino restricciones, convencionalismos o miedo [...] tengo horror de las gentes honradas. Si no tengo nada que temer de ellas, nada tengo tampoco que aprender. Y ellas, por su parte, no tienen nada que decir… ¡Honrado pueblo suizo! Portarse bien no le vale de nada… Sin crímenes, sin historia, sin literatura, sin artes… un robusto rosal sin espinas ni flores.

                                                                          …………………………………………………………………

-¿Qué esperamos congregados en el foro?
Es a los bárbaros que hoy llegan.

-¿Por qué esta inacción en el Senado?
¿Por qué están ahí sentados sin legislar los Senadores?
Porque hoy llegarán los bárbaros.
¿Qué leyes van a hacer los senadores?
Ya legislarán, cuando lleguen, los bárbaros.

-¿Por qué nuestro emperador madrugó tanto
y en su trono, a la puerta mayor de la ciudad,
está sentado, solemne y ciñendo su corona?
Porque hoy llegarán los bárbaros.
Y el emperador espera para dar
a su jefe la acogida. Incluso preparó,
para entregárselo, un pergamino. En él
muchos títulos y dignidades hay escritos.

-¿Por qué nuestros dos cónsules y pretores salieron
hoy con rojas togas bordadas;
por qué llevan brazaletes con tantas amatistas
y anillos engastados y esmeraldas rutilantes;
por qué empuñan hoy preciosos báculos
en plata y oro magníficamente cincelados?
Porque hoy llegarán los bárbaros;
y espectáculos así deslumbran a los bárbaros.

-¿Por qué no a acuden, como siempre, los ilustres oradores
a echar sus discursos y decir sus cosas?
Porque hoy llegarán los bárbaros y
les fastidian la elocuencia y los discursos.

-¿Por qué empieza de pronto este desconcierto
y confusión? (¡Qué graves se han vuelto los rostros!)
¿Por qué calles y plazas aprisa se vacían
y todos vuelven a casa compungidos?
Porque se hizo de noche y los bárbaros no llegaron.
Algunos han venido de las fronteras
y contado que los bárbaros no existen.

¿Y qué va a ser de nosotros ahora sin bárbaros?
Esta gente, al fin y al cabo, era una solución.

 

2 Respostas a “Cal e area”

  1. antoniodonate di:

    adoro este post
    detesto o anterior

  2. cossimo di:

    Pois iso, antonio, cal e area.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.