Outubro 19, 2009 por cossimo

Debido á miña incapacidade para xestionar con coherencia e responsabilidade esta secretaría de estado, presento a miña dimisión irrevocable. Seguirei pajeándome pero en privado. Son vostedes uns inimitables productos falsificados. E uns contertulios medianamente mediocres.

Sigan respirando o aire viciado das súas burbullas e … que lles dean!

De homes e lobos

Outubro 11, 2009 por cossimo

Boto de menos a Cuiña. Na aldea a xente é quen de esfolarche o pescozo por 5 cm. de leira pero hai tamén trueques máis ca razoábeis: eu axúdoche coa fontanería se ti me botas unha man coa vendima.

Os urbanitas, é verdade, non levan lama nos zapatos pero nas cidades, un pode botar varios días morto nun banco sen que ninguén se percate siquera.

Por iso eu prefiro o ruralismo nacional-cristián ao darwinismo lacoste. Alomenos no primeiro hai un certo comunalismo; corleonista, si, pero comunalismo. Sendo tamén unha víctima, o seareiro é sempre algo máis ca un cliente.

Cada día hai máis persoas que queren optar. Un compañeiro de traballo, por exemplo, di non entender a  obrigatoriedade da cotización á seguridade social (por qué lle teño que pagar unha operación a un ecuatoriano que acaba de chegar ao país? ou a un xitano? por qué non podo destinar eses cartos a un seguro privado para min só?). Eu non lle desexo o mal a ninguén pero espero que algún día,  lles pase un camión por enriba a todos estes terroristas e morran engangrenados por non poderen pagar os custos da amputación de ámbalas dúas pernas. Desgrazadamente iso nunca irá acontecer porque a consellería de relixión ha encargarse de que nosa señora de fátima obre o milagre.

O actual goberno da xunta non é máis  que o consello de administración da sociedade mercantil galicia s.a: 11 eficientes e sobrios directivos que se reúnen semanalmente nunha sacristía para intentar sacar adiante o negocio. Ou sexa, Os Negocios. En realidade, non son máis cós representantes da nosa propia involución: espatexamos na cabeza dos outros mentres tratamos de aferrarnos ao bote. Porque todos non cabemos.

Pero a pesar dos berros dos novos profetas, o certo é que a intervención do estado na economía sempre foi mínima; a mínima imprescindíbel para asegurar a circulación do capital. O que, obviamente, implicou sempre un Estado máximo de control. Xornalistas, policías e militares nunca sobran. Grazas a eles, as persoas de ben poden vivir máis tranquilas e conxurar, así, os seus demos interiores.

O ser e a nada

Outubro 7, 2009 por cossimo

Ao sur da ponte de Rande é imposíbel mercar “A sociedade do espectáculo” de Guy Debord.

-“Pero si quieres te lo pedimos”.

["Non quero que mo pidas, hostia!; o que quero son castells como eses de stieg larsson que tes aí diante".]

-Non, grazas, non é importante.

Na sección de filosofía da casa do libro, hai 22 exemplares de diferentes obras de fernando savater. De Hanna Arendt un mísero “Los orígenes del totalitarismo”. De Sartre unhas conversacións con non sei quen. De Rancière, rien de rien.

Na biblioteca central ninguén puido dar co paradoiro da Judith Butler. [quién???!!!]

Seica a confederación de aldeas está a sufrir un proceso de humanización.

P.D.: De qué imos vivir os snobs?

Movida promovida por el ayuntamiento

Outubro 5, 2009 por cossimo

A ver se algún dos sosos que se pasan habitualmente por aquí, me pode explicar dunha puta vez, a diferencia entre pop e rock.

Todos diferentes, todos iguais

Outubro 5, 2009 por cossimo

Se vostedes procuraren videos na sección “Cultura” da web da TVG, o que lles vai aparecer é unha ubicua orxía culinaria (de pago, claro): callos, fabas, marisco, bonito con ensalada, xamón, polbo.  Pero na telegaita tamén hai cultura para culturetas.  Miraxes constitúe o (único?) exemplo máis acabado. No programa desta fin de semana entrevistaron aos arquitectos que deseñaron o novo edificio do seu gremio en Vigo.

colexio arquitectos

Cheee! Tranquilos! Coma sempre, isto non vai de estética. Para iso xa está o faro:

Un diseño magnífico, como todo lo que hace este equipo. Enhorabuena a los autores. Ni caso a los comentarios bochornosos de gente que por ellos, Vigo sería una aldea y aún andaríamos en carro. Si Vigo no avanza es por culpa de los vecinos inmovilistas, que de todo se quejan y de todo hacen una asociación de afectados. Ningún político en su sano juicio le echa valor a ir en contra de un pueblo que desde siempre se ha opuesto a cualquier cambio. Y así nos va señores. Si quieren vivir en la aldea, váyanse al campo y dejen a Vigo convertirse en la ciudad cosmopolita que debe ser.
Autor: vigués del centro.

[Pois o outro día, vin eu en Viascón ou por aí, un centro de saúde tan mies van der rohe que case me empalmo].
En realidade, o edificio é o de menos. O verdadeiramente significativo é a falta de pudor (ou de con(s)ciencia) coa que os seus creadores conciben non só a arquitectura, senón todo o entramado urbano (todo o entramado) como un produto máis de consumo. Detrás de todas esas reflexións inanes sobre a luz, os materiais, o entorno,…subxace un discurso puramente comercial que serve para constatar unha vez máis, a derrota do público fronte ao publicitario, do valor de uso fronte ao valor de intercambio. Con esta construcción rompedora,  Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera pretenden dotar a Vigo dun espazo único, diferente, ou sexa, exactamente igual a outros espazos dos que xa disfrutan cidades máis cosmopolitas. Un simulacro perfeitamente simulado. Como Miraxes, como este blog. Puto Braudillard!!

O oráculo de C.C.C.

Outubro 1, 2009 por cossimo

Board_of_Governors_International_Monetary_Fund

España será uno de los pocos países europeos que continuará en recesión el año que viene y eso redundará en más pérdidas de puestos de trabajo, según la predicción del FMI.

El resto del mundo

  • ZONA EURO: El FMI pronostica que su economía sufrirá este año una caída del 4,2% en su PIB, pero en 2010 se recuperará y registrará un crecimiento, aunque ligero, del 0,3%. El próximo año, Alemania registrará un crecimiento del 0,3%, Francia un 0,9% e Italia un 0,2%.
  • EE UU: La economía de Estados Unidos tendrá este año una contracción del 2,7% en 2010 se expandirá en un 1,5%. Sin embargo, el índice de desempleo, que fue del 5,8% el año pasado, será este año del 8,2% y en 2010 subirá al 9,3%.
  • LATINOAMÉRICA: Latinoamérica saldrá de la crisis en el 2010 ayudada por el empuje brasileño, que permitirá a la región crecer un 2,9% el próximo año tras contraerse un 2,5 en 2009. Brasil crecerá un 3,5% el próximo año, Perú un 5,8%, Chile un 4%. México se contraerá un 7,3% en 2009, pero volverá a crecer en 2010, un 3,3%. Sólo Venezuela experimentará una contracción del 0,4%.
  • ASIA: Vaticina un crecimiento para Asia del 5% en su PIB para 2009 y del 6,8% para el año próximo.El crecimiento vendrá liderado por China y la India, con un 8,5 y un 5,4%, respectivamente, este año, y un 9% y un 6,4% el próximo.

Pois. Os deuses falan. Os mortais, postrados, asentimos. Deixo, porén, unhas dubidiñas profanas por se pasa por aquí algún aspirante a sumo sacerdote:

Qué (ou quen) é a economía? Un ente? Un organismo autónomo? Cómo explicar este seu carácter tan púber?

Se rematou a recesión, por qué vai aumentar o desemprego en Europa e Estados Unidos para o ano que vén ?

No plano biolóxico-físico, medrar significa máis centímetros; no plano emocional, máis ego; no plano económico, máis … máis qué? máis coches?, máis sanidade? máis arquitectura financieira? , máis 2.0 ao lado do 0.0?

O ano que vén, xa non haberá favelas en Brasil, Perú e Chile? Xa non terán que emigrar os seus habitantes?.  Seremos nós (os peores alumnos do curso) os que teremos que facer as maletas cara ao cono sur?.  E a qué se deben esas contraccións e expansións tan bruscas na beira sur do Río Grande? (As cifras de Venezuela, en cambio, son facilmente comprensíbeis para calquera persoa minimamente intelixente).

Deberíamos adoptar o sistema de castas para medrarmos como Deus manda? Ou é que a nosa inveterada indolencia só pode ser combatida co management propio do estalinismo de mercado?

Please, seed!!! I´m stuck!

Con K de kultura

Setembro 30, 2009 por cossimo

Hala! Traballen vostedes un pouco, que xa lles toca. Autor, síntese, marco histórico e análise crítica do texto.

Igual que el ciudadano necesita, para ejercer su condición, un periodismo que le cuente escrupulosamente las cosas como son, no como los mangantes de la política o los amos del dinero quieren que sean, el aficionado a la literatura y a las artes necesita educar su criterio con informaciones rigurosas y juicios críticos no corrompidos por el colegueo o el capricho.

Fortalecer prejuicios, navegar con la corriente, dar más al que ya lo tiene todo, disfrazar el conformismo de disidencia, la corruptela de integridad, son vicios comunes en culturas poco ventiladas: contra ellos, no hay más antídoto que un ejercicio permanente del juicio personal alumbrado por un periodismo que ofrezca conocimiento y trasmita observación serena y crítica, curiosidad y entusiasmo. En los periódicos hay cada vez más miedo a lo minoritario, a lo difícil, a lo que no es última moda.

Explota, explótame, explo…

Setembro 28, 2009 por cossimo

Supostamente, La Sexta é a televisión de Zapatero, ou sexa, do centro esquerda. Xa sei, xa sei, supostamente. Hoxe os redactores do seu telexornal do mediodía atinxiron a cuadratura do círculo: o patriotismo antipatriótico. Tras comentar a vitoria de Angela Merkel en Alemaña, a presentadora “infórmanos” que se trata dunha mala noticia para os traballadores da Opel en Zaragoza. Porque a cancilleresa aposta polas plantas de producción teutonas en prexuizo das hispánicas. E iso a pesar de que aquí necesitamos só 16 horas para montar un vehiculo mentres que eles necesitan 33 horas e 600 euros máis por peza. Aínda por riba, o goberno federal inxectara hai uns meses 5.000 millóns de euros para o rescate da multinacional. Trátase, por tanto, dunha decisión arbitraria, proteccionista e, por tanto, claramente antieconómica.

No capitalismo funeral non hai información. Só unha colección de lapos. Non é só que se oculte con finalidades ideolóxicas o carácter relacional dos acontecementos. É que se ondea sen ningún tipo de pudor a bandeira da máis burda inconsistencia argumental.  Opel debe permanecer en España porque aquí os traballadores cobran menos e traballan máis horas (ou ben, os traballadores alemáns son lacazáns e careiros). Pero obviamente, é unha inmoralidade que Barreras deslocalice a súa producción a Malasia. Aínda que mantela aquí resulte “antieconómico”. O goberno español debe defender primeiro as “nosas” empresas e logo, polo que se ve, as empresas de fóra que dan traballo aos españois. Os outros gobernos non poden, non deben facer o mesmo.

Seica moitos deses macarios gañan millóns ao ano. A verdade, toda a xente o sabe, ten un prezo moi alto.

Reproducción desasistida

Setembro 28, 2009 por cossimo

Con 8 no basta!

Kaleborroka Fashion Week.

A ética dos condóns.

Los chicos con las chicas no tienen que estar.

Abundante carencia

Setembro 28, 2009 por cossimo

Fusilo, pola importancia para as súas vidas, todo un apartado de “La sociedad de consumo” de Jean Braudillard (páx. 64-66).

“Debemos abandonar a idea recibida, segundo a cal unha sociedade de abundancia é unha sociedade na que se satisfan facilmente todas as necesidades materiais (e culturais) xa que esa idea fai abstracción de toda lóxica social. Moito más axeitada parece a idea, retomada por Marshall Sahlins no seu artigo sobre a “primeira sociedade de abundancia”, que sostén que as nosas sociedades industriais e productivistas- a diferencia de certas sociedades primitivas- están dominadas pola rareza, pola obsesión de rareza característica da economía de mercado. Canto máis se produce, máis se salienta, no seo mesmo da profusión, o alonxamento irremediábel do termo final que sería a abundancia, definida como o equilibrio da producción humana e das finalidades humanas. Posto que o que se satisfai nunha sociedade de crecemento, e se satisfai cada vez máis a medida que medra a productividade, son as necesidades mesmas da orde de producción e non as “necesidades” do individuo, sobre cuxo descoñecemento repousa, polo contrario, todo o sistema, é evidente que a abundancia retrocede indefinidamente; mellor aínda: a abundancia négase irremediábelmente en proveito do reinado organizado da rareza (a escaseza estrutural).

Para Sahlins, os que coñecían a verdadeira abundancia, a pesar da súa absoluta pobreza, eran os cazadores colleitadores (as tribos nómadas primitivas de Australia, do Kalahari, etc.). Os primitivos non posúen nada propio, non están obsesionados polos seus obxectos, que van rexeitando para se desprazaren máis comodamente. Non hai entre eles ningún aparello de producción nin de traballo: cazan e colleitan “con tranquilidade”, poderíamos dicir, e comparten todo entre si. A prodigalidade é total: consumen todo de entrada, sen cálculo económico e sen almacenar. O cazador colleitador non ten nada do homo economicus de invención burguesa. Descoñece os fundamentos da economía política. Nin siquera se achega aos límites das enerxías humanas, dos recursos naturais e das posibilidades efectivas. Dorme moito. Confía -e iso é o que marca o seu sistema económico- na riqueza dos recursos naturais, mentres que o noso sistema está marcado (e, co perfeccionamento técnico, estao cada vez máis) pola desesperación ante a insuficiencia dos medios humanos, por unha angustia radical e catastrófica que é o efeito profundo da economía de mercado e da competencia xeralizada.

A “imprevisión” e a “prodigalidade” colecticas, características das sociedades primitivas, son o signo da abundancia real. Nós só temos os sinais da abundancia. Acurralamos, mediante un xigantesco aparello de producción, os signos da pobreza e da escaseza. Pero a pobreza non consiste, di Sahlin, nin nunha pequena cantidade de bens nin simplemente nunha relación entre fins e medios: a pobreza é sobre todo, unha relación entre os homes. O que funda a a “confianza” dos primitivos e o que fai que vivan a abundancia aínda pasando fame é, finalmente, a transparencia e a reprocidade das relacións sociais. É o feito de que ningunha monopolización de ningunha especie, xa sexa da natureza, do solo, xa sexa dos instrumentos ou dos productos do “traballo”, interfire nos intercambios nin institúe a rareza. Tampouco hai acumulación que é sempre a fonte do poder. Na economía do don e do intercambio simbólico, unha cantidade escasa e sempre finita de bens basta para crear unha riqueza xeral, pois eses poucos bens pasan constantemente de uns a outros. A riqueza non se basea nos bens, senón no intercambio concreto entre as persoas, polo tanto, é ilimitada, xa que o ciclo do intercambio non ten fin, aínda que se dea entre un número limitado de individuos, pois cada momento do ciclo de intercambio agrega valor ao obxecto intercambiado. No proceso de competencia e diferenciación caracterísitcas das nosas sociedades civilizadas e industriais o que se advirte é a inversión desta dialéctica concreta e relacional da riqueza, que aparece entón como dialéctica da carestía e da necesidade ilimitada. Cando, no intercambio primitivo, cada relación aumenta a riqueza social, nas nosas sociedades “diferenciais”, cada relación social aumenta a carencia individual, posto que toda cousa posuída queda relativizada con respeito aos outros (no intercambio primitivo, valorízase pola relación mesma cos demais).

Por todo o dito, non é paradóxico soster que nas nosas sociedades “afluentes”, a abundancia perdeuse  e que non poderá recobrarse aumentando ao infinito a productividade nin liberando novas forzas productivas. Posto que a definición estrutural da abundancia e da riqueza está na organzación social, unicamente podería reinstaurala unha revolución da organizacións social e das relacións sociais. ¿Retornaremos algún día á prodigalidade máis alá da economía de mercado? No lugar da prodigalidade temos o “consumo”, o consumo forzado a perpetuidade, irmán xemelgo da escaseza. A lóxica social deu a coñecer aos primitivos a “primeira” (e única” sociedade de abundancia. A nosa lóxica social condénanos a unha carestía luxosa e espectacular.